O proxecto europeo DIPS bota a andar en Grecia

O proxecto europeo DIPS iniciou o seu percorrido en Tesalónica coa celebración da reunión de lanzamento, un encontro internacional que reuniu a representantes de universidades europeas e latinoamericanas, administracións públicas, consultoras e entidades sociais no que se definiron os obxectivos académicos e as liñas estratéxicas dun proxecto de cooperación no ámbito do ensino superior orientado ao deseño e á xestión de espazos públicos.

A iniciativa contempla a creación dun mestrado transnacional orientado a mellorar as competencias profesionais, a capacidade técnica e as perspectivas de empregabilidade do estudantado en contextos urbanos de América Latina. O proxecto realizará especial énfase na equidade social, na inclusión de colectivos vulnerables e na redución das desigualdades territoriais. 

O consorcio internacional do proxecto DIPS está integrado por universidades europeas e latinoamericanas, administracións públicas, consultoras especializadas e ONG que colaboran de maneira coordinada no ámbito do ensino superior e do planeamento urbano. Impulsarán, ao longo de tres anos, accións formativas, proxectos prácticos e novas estratexias de gobernanza universitaria orientadas a promover espazos públicos máis accesibles, seguros e inclusivos, reforzar a cohesión social, reducir as desigualades territoriais e favorecer a integración de colectivos vulnerables nas cidades de América Latina.

M. José Piñeira

more insights