O pasado día 15 de xaneiro, a profesora Ángeles Piñeiro visitou o IES Ramón Cabanillas de Cambados, acompañada do alumno de 4º curso Bruno Iglesias, para achegar a Xeografía ás aulas dun xeito directo e conectado cos grandes retos do presente.
A charla centrouse na economía azul, un ámbito chave para territorios costeiros como Galicia, no que a Xeografía xoga un papel fundamental. Ademais, o alumnado puido tamén descubrir o Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio, as oportunidades que ofrece e a súa utilidade no mundo actual.
Esta actividade forma parte do programa A Ponte entre o ensino medio e a universidade, a través do cal o Departamento de Xeografía achega a disciplina aos institutos e esperta novas vocacións.
Ángeles Piñeiro & Bruno Iglesias