Confort urbano: o reto de facer cidades habitables e amigables

O profesor da USC Ramón López Rodríguez impartiu unha charla sobre confort urbano no IES Ánxel Fole de Lugo, dirixida ao alumnado de 2º de bacharelato de Xeografía. Durante a súa intervención, introduciu o concepto de sustentabilidade urbana, un tema central do obxectivo 11 dos ODS: “Cidades e Comunidades Sostibles”. O confort urbano gañou relevancia nos últimos tempos nas esferas social e política, xa que inflúe directamente na calidade de vida e no benestar que a contorna ofrece á cidadanía. A sesión incluíu exemplos prácticos de cidades como Barcelona e Pontevedra, que amosan como facer as nosas vilas e cidades máis habitables e acolledoras.

Pola súa banda, o alumno de 4º curso, Gabriel Canle, aproveitou a sesión para compartir a súa visión como estudante e presentar o Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio. Esta actividade enmárcase no Programa A Ponte, no que participa o Departamento de Xeografía da USC. Con estas charlas, procúrase achegar ao alumnado os novos enfoques e desafíos do coñecemento xeográfico, así como difundir a oferta de estudos.

Gabriel Canle

more insights