Formación específica

Co obxectivo de contribuír a difundir entre o profesorado non universitario, en especial o pertencente aos centros de Ensino Medio, as liñas de investigación actuais en Xeografía, os avances no coñecemento xeográfico, e as oportunidades no mercado de traballo para os profesionais da Xeografía, o Departamento colabora coa Consellería de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria, e co Programa de Formación e Innovación Docente da USC no deseño de actividades de formación para o profesorado.

Neste marco, no curso 2023-24 ofertouse o curso Retos do mundo actual, cambio global e sustentabilidade, coordinado pola professora Ángeles Piñeiro

A actividade formativa RETOS DO MUNDO ACTUAL, CAMBIO GLOBAL E SUSTENTABILIDADE de 20 horas de duración celebrouse en Santiago de Compostela os días 24 e 25 de novembro de 2023. Ofertáronse 20 prazas que se completaron por orde de inscrición. O obxectivo desta actvidade foi xerar un marco de traballo colaborativo entre o profesorado de secundaria e de universidade. Un espazo de debate sobre as abordaxes requiridas para incorporar de forma efectiva nas aulas as novas formulación derivadas do Decreto 156/2022, e que propiciou que o ensino da Xeografía se modificase totalmente na educación secundaria en Galicia, con contidos renovados e criterios de avaliación distintos.