A seca, a xestión da auga e a adaptación ao cambio climático están cada vez máis presentes no debate público. Nos últimos días, varios especialistas en recursos hídricos e territorio participaron nunha análise sobre a proposta da Xunta de Galicia de construír novos encoros como medida para garantir a dispoñibilidade de auga no futuro.
Segundo recolle eldiario.es, diferentes expertos cuestionan esta solución e lembran que os ríos galegos xa contan cun elevado número de presas e regulacións hidráulicas. Entre as voces participantes neste debate atópase Horacio García, quen achega a visión da Xeografía e da ordenación do territorio a un asunto que afecta directamente ao medio natural e á sociedade. O debate vai moito máis alá da simple construción dunha infraestrutura. Preguntas como onde almacenar a auga, como distribuíla, que impacto teñen as intervencións nos ecosistemas fluviais ou como reducir a vulnerabilidade fronte a períodos de seca forman parte dos retos actuais da xestión territorial.
Precisamente este tipo de cuestións son algunhas das que se traballan nas aulas do Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio da USC, unha titulación na que se analizan problemas reais relacionados coa auga, o cambio climático, a sustentabilidade e a planificación do territorio. A Xeografía permite comprender como interactúan os procesos naturais e as actividades humanas, achegando ferramentas para interpretar os grandes desafíos ambientais do presente e do futuro.
Podes ler a nova completa aquí.
Horacio García