O profesor Miguel Pazos realizou unha estadía de investigación no IGOT da Universidade de Lisboa

O profesor de Xeografía Humana da USC Miguel Pazos Otón, membro do grupo de investigación ANTE e do IDEGA, desenvolveu durante setembro de 2026 unha estadía de investigación no Centro de Estudos Geográficos (CEG) do Instituto de Geografia e Ordenamento do Território (IGOT) da Universidade de Lisboa, por invitación do profesor Nuno Marques da Costa.

Durante este período participou na Conferência Internacional Mobilidades, Território e Integração na CPLP, organizada polo CEG os días 10 e 11 de setembro. O encontro analizou desde a xeografía as dinámicas de mobilidade e inmobilidade no espazo lusófono, con atención ao poder, ás fronteiras, ás migracións, ás políticas urbanas e ao papel das diásporas. Impartiu tamén dúas sesións docentes. Na primeira, organizada coa colaboración dos profesores Ana Louro e Nuno Marques da Costa, presentou ao alumnado do IGOT a experiencia de Pontevedra na xestión do espazo público e a mobilidade sostible. Na segunda, dirixida ao alumnado do mestrado en planificación territorial, abordou as relacións entre transporte e enerxía e o impacto da economía das plataformas na mobilidade e na reconfiguración da cidade.

A visita reforza a colaboración entre a xeografía galega e a portuguesa e, en particular, entre o IGOT, o IDEGA e o Departamento de Xeografía da USC.

Miguel Pazos

more insights