Que ocorre cando coinciden a seca e un vertido? A Xeografía axuda a entendelo

Por que un vertido pode ser máis perigoso nun período de seca? Como se desprazan os contaminantes río abaixo? Que consecuencias pode ter para os ecosistemas ou para o abastecemento de auga das cidades?

Estas son algunhas das preguntas ás que a Xeografía dá resposta e que estiveron de actualidade nos últimos días en Galicia. A raíz da situación dos ríos galegos tras un dos veráns máis secos dos que se ten rexistro e do recente vertido de xurro en Tordoia, medios de comunicación como La Voz de Galicia recorreron a especialistas da Universidade de Santiago de Compostela para explicar estes procesos ambientais.

Nas informacións publicadas, o profesor Horacio García explica como a redución do caudal dos ríos incrementa os efectos da contaminación, sinalando que cando hai menos auga dispoñible, os contaminantes dilúense peor e concéntranse en espazos máis reducidos, aumentando o seu impacto sobre a fauna, a flora e a calidade das augas.

A presenza da Xeografía nos medios de comunicación amosa a importancia desta disciplina para comprender os desafíos ambientais actuais. O estudo dos ríos, do clima, dos recursos hídricos, da ordenación do territorio ou dos riscos ambientais forma parte do traballo diario de moitos xeógrafos e xeógrafas, que contribúen coa súa investigación e coñecemento á toma de decisións informadas.

O caso da nova é, ademais, un excelente exemplo de como xeógrafas/os son profesionais capaces de analizar problemas complexos do territorio e propoñer solucións baseadas na evidencia científica. Porque entender como funciona o noso medio é o primeiro paso para protexelo!

Horacio García

more insights