(Re)pensando as cidades e a forma urbana

No marco do proxecto de investigación “(Re)pensar las ciudades y la forma urbana: nuevas políticas para recuperar ciudades habitables en línea con la Agenda Urbana” (PID2022-140734OB-I00), financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades (MICIU), a Axencia Estatal de Investigación (AEI) e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER, UE), terá lugar esta semana un encontro profesional en Santiago de Compostela.

A xuntanza desenvolverase os días 17 e 18 de xullo de 2025 na USC, e reunirá membros do grupo de traballo implicado neste proxecto. O obxectivo central será avanzar no desenvolvemento metodolóxico e na construción de indicadores que permitan abordar, dende unha perspectiva integral, a análise do confort urbano como criterio chave para o deseño de cidades máis habitables e sostibles.

Este encontro insírese dentro das actividades previstas no marco do proxecto, que busca propoñer novas ferramentas e políticas urbanas aliñadas cos principios da Axenda Urbana e coa mellora da calidade de vida nos espazos urbanos.

 

María J. Piñeira

more insights