O pasado 6 de marzo levouse a cabo unha reunión presencial que involucrou á Xunta Directiva da Asociación Española de Geografía (AGE) e aos representantes de 26 departamentos de xeografía, que forman parte de universidades repartidas por toda España. A USC estivo representada neste encontro por Juan Manuel Trillo, director do Departamento de Xeografía.
O principal obxectivo da xornada foi realizar unha diagnose compartida sobre a situación actual dos Graos de Xeografía no sistema universitario español. Neste sentido, a Xunta Directiva da AGE presentou un informe que pon o foco en dúas cuestións chave: a evolución do número de persoas matriculadas e a crecente masculinización do alumnado nos últimos anos. Para aumentar os/as matriculados propuxéronse unha serie de actuacións a desenvolver pola AGE a corto/medio prazo. Un dos eixos fundamentais do debate foi o tratamento da Xeografía na etapa preuniversitaria.
Os diferentes directores/as de departamento participaron nunha dinámica de traballo en grupos, na que se intercambiaron propostas e recomendacións para mellorar os contidos dos plans de estudos e a ensinanza na ESO e no Bacharelato. Froito desta reunión, a AGE encargarase de realizar un documento que conteña as ideas xurdidas, co obxectivo de continuar traballando para fomentar e desenvolver a xeografía.
Información ampliada na web da AGE.
Juan M. Trillo & Gabriel Canle