Saídas laborais

Saídas profesionais: moito onde escoller!

O Grao en Xeografía e Ordenación do territorio na USC capacita o estudantado para analizar, xestionar e propor solucións para os retos territoriais actuais e futuros. Isto conségueo mediante unha formación integral e transversal na que a aplicación práctica da Xeografía, a través da planificación territorial e do enfoque da sustentabilidade, acada un papel central.

O grao estrutúrase en catro cursos, cun total de 240 créditos. Todas as materias teñen 6 créditos (1 crédito equivale a 25h de traballo, que inclúen tanto horas lectivas nas aulas como horas de estudo autónomo). Polo tanto, cómpre cursar 40 materias (10 por curso). Nos tres primeiros cursos, as xeografías xerais e rexionais representan a metade das materias. No cuarto curso a Ordenación do territorio ten a principal carga lectiva.

A Xeografía abre moitas portas no mundo laboral. O Colexio de Xeógrafos agrúpaas en cinco grandes conxuntos a partir dos datos reais da profesión:
Na Universidade de Santiago de Compostela (USC), os estudos de Xeografía teñen unha inserción laboral do 100% en Ordenación do Territorio, segundo a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia.