O TourGen naceu en 2025 como un grupo motor para traballar o turismo desde unha perspectiva de xénero e interseccional. Cun equipo formado principalmente por académicas de turismo e xeografía de distintas universidades e institutos españois, e co apoio da rede CYTED (Programa Iberoamericano de Ciencia e Tecnoloxía para o Desenvolvemento), TourGen pretende ser un espazo de intercambio, debate e innovación na docencia en turismo.
Neste contexto, o Centro de Estudos Turísticos (CETUR) da USC colabora co novo grupo motor TourGen sobre docencia en turismo con perspectiva de xénero, na organización do Webinar “Ensinando desde o feminismo en turismo: Casos aplicados”. O evento terá lugar o vindeiro martes 9 de setembro (h. 16.30-18.00) vía Teams. O obxectivo deste evento é amosar como se está transversalizando a perspectiva de xénero na docencia en turismo.
Os relatores serán:
Daniela Freund, Investigadora e profesora titular, IQS-URL
Nur Abellán Calvet, Investigadora e docente, CETT-UB
Alex Petrova, Alumni IQS-URL
Idoia Herrero, Alumni IQS-URL
O seminario será moderado por Inmaculada Díaz Soria, Profesora Serra Húnter, Departamento de Xeografía, UAB.
Inscricións: https://forms.gle/9TV1t8GLJhttNhVn9
Lucrezia López