Seminario final do proxecto TRANSINTER

O seminario, celebrado na Sala de Profesorado da Facultade de Xeografía e Historia (12 e 13 de xuño), tivo por obxectivo presentar e debater as conclusións obtidas na investigación do proxecto coordinado TRANSINTER*, dirixido desde os Departamentos de Xeografía das Universidades de Santiago de Compostela e Barcelona entre 2022 e 2025, acerca das fronteiras externas e internas de España.

A pregunta subxacente exposta para a investigación durante estes anos foi ata que punto as áreas fronteirizas entre estados-membro da Unión Europa contan cunhas fórmulas de cooperación establecidas, tanto en termos de gobernanza como de financiamento (AECT, Interreg, etc.), que, en cambio, están ausentes nos límites fixados entre comunidades autónomas. Trátase, por tanto, de transitar das aprendizaxes que se poden extraer das primeiras aos desafíos detectados nas segundas. En particular, no seminario pretendeuse achegar os resultados obtidos nalgúns dos casos de estudo desenvolvidos, así como os conxuntos de propostas de mellora derivados dos mesmos: por unha banda, en relación coas experiencias/iniciativas de cooperación territorial transfronteiriza ao amparo do marco comunitario; polo outro, en materia de alternativas aos desafíos/disfuncións observados en espazos afectados por un límite interautonómico.

Ademais dos/as investigadores/as que levaron a cabo o proxecto, o evento contou coa presenza de representantes dalgunhas das administracións públicas e entidades de distinta natureza concernidas nos territorios analizados, así como de expertos/as internacionais en materia de estudos fronteirizos. Deste xeito pretendeuse alcanzar un debate de amplo alcance acerca dos resultados xerados.

Juan M. Trillo Santamaría

*O proxecto TRANSINTER (Da cooperación transfronteiriza á interautonómica: retos e oportunidades para a organización territorial de España; PID2021-126922NB-C22) está financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades do Gobierno de España, a AEI/Axencia Estatal de Investigación e o FEDER.

more insights